Benvido/a á nosa web

Coida o teu padal
nun marco incomparable

A Fábrica

A Fábrica de Vilanova é un proxecto que botou a andar en 2004 co obxectivo de facer dunha profesión ás veces dura unha forma de vida. Partíamos dun feixe de ilusións e dunha certa experiencia neste oficio, o que se aliou cun contorno privilexiado e un edificio con historia e personalidade: unha antiga fábrica de curtidos do século XVII, á sombra dunha ponte románica sobre o Arnoia, onde hai séculos montaban garda os cabaleiros templarios.

A aventura na que nos mergullabamos demandaba grandes doses de entusiasmo e non pouco esforzo que ofrecían, a cambio, a libertade de poñer a proba con cada innovación na carta a nosa creatividade ó servizo dunha clientela que cada vez ten máis claro o que quere e por que. Por iso apostamos por unha cociña que tenta combinar os produtos de tempada cun estilo contemporáneo que fai que non se poida falar dunha senón de varias cartas de A Fábrica de Vilanova.

HORARIOS DE APERTURA

Horario de verán

Luns a domingo: 11:00-24:00

Horario de inverno

Martes a sábado: 11:00-24:00

Domingo: 11:00-16:00 *

Luns: pechado *

* Agás festivos e vésperas de festivos, onde o horario sería de 11:00 a 24:00

Chame para reservar

988 44 24 34

Catering

Dende A Fábrica de Vilanova, servímoslle na casa. Se quere celebrar un banquete verdadeiramente especial sen saír da súa propia casa, nós podémoslle proporcionar o máis exclusivo servizo de catering. Contrate os nosos servizos e encargarémonos de todo, dende a mantelería ata o último detalle da cea. O trato profesional do noso plantel e un xantar excelente garantizaránlle o éxito da súa reunión. Dende A Fábrica de Vilanova propoñémoslle contratar a presenza dun cociñeiro profesional cociñando in situ e tódolos servizos para que vostede ofreza ós seus convidados tódalas comodidades dun restaurante na súa propia casa. E ademáis, estaremos encantados de facelo para vostede aínda que se trate de grupos pequenos.

Os libros

O Chef

Despois de 14 anos co seu restaurante “A Fábrica de Vilanova” na localidade ourensá de Allariz, varios libros escritos e programas de televisión como “Comando Chef” e 5 temporadas gravadas de “A cociña de André” na Televisión de Galicia, o exitoso cociñeiro galego André Arzúa actualmente vén de se atrever cun gran soño, “Espazo Abella”, un centro de formación gastronómica en Santiago de Compostela. André Arzúa, cociñeiro galego moderno, televisivo, polifacético e con moitas horas enriba remangando a chaqueta para acadar os seus obxectivos sen deixar nunca de avanzar aprendendo.

CARTA

Entrantes Quentes

Croquetas caseiras de xamón

 

Raviolis de pan chino con mexilóns e moio agripicante

 

Patacas confitadas con ovos e crocante de xamón de belota

 

Polbo grellado con vinagreta de froitos vermellos

 

Tempura de berenxena sobre humus e salsa de mel e limón

 

Gnoquis de pataca con cremoso trufa e allo

 

Timbal de mazá asada, micuit, brie e Pedro Ximénez

 

Entrantes Mornos e Fríos

Salada de xamon de pato e salmón mariñado

 

Tartar de terneira con tostas de queixo curado d.o.p. Arzúa-ulloa

 

Empanada da casa

 

Táboa de embutidos ibéricos

 

Táboa de xamón ibérico

 

Táboa de queixos con pan de olivas e marmelo de prátano

 

Paté caseiro de trufa branca e cogomelos con ‘pa amb tomàquet’

 

Peixes

Peixe sapo con risotto de cigalas

 

Atún vermello grellado con pistachos e guacamole caseiro

 

Arroz negro con sepia, berberechos e ali-oli (para dúas persoas)

 

Cocotxas de bacallau sobre velouté de peixe e verduras baby

 

Estufado de fabes con ameixas (para dúas persoas)

 

Carnes

Cachucha prensada con pistachos e piñóns sobre crema de chirivía

 

Solombo de tenreira afumado con patacas o morro e crocante de foie

 

Presa ibérica glaseada con laranxa

 

Canelons de pérdiz con crema de pataca e trufa

 

Menú degustación

(para mesas completas)

Aperitivo do día

 

Tartar de terneira con tostas de queixo curado d.o.p. Arzúa-ulloa

 

Timbal de mazá asada, micuit, brie e Pedro Ximénez

 

Cocotxas de bacallau sobre velouté de peixe e verduras baby

 

Canelons de pérdiz con crema de pataca e trufa

 

Cremoso de chocolate

 

Café e bombón caseiro

 

Viños: Eidos Ermos (DO Ribeiro) ou Guímaro (DO Ribeira Sacra)

Postres

Tellas de pistacho, xeado de chocolate, sal e aceite

 

Torrixa caramelizada de herba luisa con xeado de mazá áceda

 

Xeado de té matcha con crocante de arroz inflado de mel

 

Cremoso de chocolate

 

Leite fritido con xeado de queixo de arzúa e oporto

 

Tiramisú de limón

 

Galería de imaxes

CONTACTO

Rúa Vilanova, s/n, 32660 Allariz (Ourense)
Teléfono  988 442 434

Localización

Contacta